Site icon Crónica3.com A Mariña

Información sobre a fin de semana para rapaces e rapazas no refuxio de Argomoso

A Casa da Xuventude de Burela acolle este mércores 14 de decembro ás 20.30 horas unha reunión informativa sobre a fin de semana que organiza Chao de Castro – Altair no refuxio de Argomoso (Mondoñedo) entre o 16 e o 18 de decembro dirixido a rapaces e rapazas de entre 7 e 17 anos. O prezo da actividade é de 27 euros para socios e socias de Altair e de 45 euros para aquelas persoas non socias incluíndo xa a cota de xaneiro para os interesados en continuar na asociación. Os interesados e interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao teléfono 685 325 153 ou ao enderezo electrónico chaodecastro.altair.burela@gmail.com ou a través da súa páxina de facebook.

Exit mobile version