Os nenos recibiron con sorpresa e emoción a visita dos deportistas burelistas, que lles entregaron agasallos e lles fixeron chegar os mellores sentimentos de toda a Familia Laranxa para unha rápida recuperación.
O equipo de Daniel Ibañes volverá aos adestramentos o luns 26 para medirse a domicilio ao Ríos Renovables Zaragoza o venres 30 (20.45 horas). As pupilas de Lucas e Julio Delgado retomarán o traballo o martes 3 de xaneiro.