Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis dun milleiro de persoas seguiron o #INLUGO16 durante a súa primeira xornada

asndioflknxO Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO pechou a primeira xornada da súa terceira edición cun éxito rotundo de asistencia, de seguimento a través do streaming facilitado pola Fundación TIC e de repercusión nas redes sociais.

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos rexistrou un cheo total para escoitar cada unha das charlas programadas nas que se abordaron temas tan diversos como a ciencia, a innovación, a educación tecnolóxica ou o fenómeno Instagram.

A etiqueta #inlugo16 usada para a ocasión converteuse case desde o comezo do evento en Trending Topic nacional, é dicir un dos temas máis comentados en Twitter, superando os 3 millóns e medio de impresións e o medio milleiro de interaccións á hora, nesta popular rede social, segundo os datos proporcionados pola coñecida plataforma de analítica e auditoría web Pirendo.

Xunto ás case duascentas persoas que abarrotaron o auditorio e ao seguimento en redes sociais, o Congreso foi seguido por máis dun milleiro de persoas a través do vídeo en directo producido e emitido polo equipo técnico da Fundación TIC.

Xornada do sábado
O Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, deu comezo este sábado a segunda xornada do Congreso coa presentación dunha mesa na que se mostraron empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa rede e co ADN lucense. Rivera Capón subliñou que “un dos piares básicos de #INLUGO é dar visibilidade e promoción a empresas, proxectos e persoas lucenses que destacan no bo uso das novas tecnoloxías”.

Paralelamente nesta segunda xornada continúa activo o concurso de fotografía #inlugo16 que recoñecerá a mellor imaxe da cidade e no que xa recibiu máis de 600 propostas. O gañador darase a coñecer esta tarde, no marco da entrega dos IV Premios #INLUGO.

Programa
17:00 “O bo, se breve…” Relatorios de 20 minutos (e 10 para o público)

• “Os nativos dixitais non existen”. Javier Pedreira (@wicho), autor do blogue Microsiervos e especialista en cultura dixital.

• “Das Pontes aos vestiarios de todo o mundo”. Simón Cabarcos (@blindaxe_sport), director de Blindaxe Sport

18:00 a 18.30 Pausa para o café

• “Prensa Nativa Dixital”. Daniel Basteiro (@basteiro). Xornalista e Cofundador do Español (@elespanol)

• “Éxito en YouTube”. Sebas Mouret (@sebasgmouret) YouTubber de éxito

19:30 Entrega dos IV Premios #INLUGO e gañador do concurso de fotografía #inlugo16 coa presenza de Darío Campos (@depulugo), Presidente da Deputación de Lugo e Lara Méndez (@LaraMendezLopez), alcaldesa de Lugo.

20.00. Foto de familia. Despedida e peche.

Exit mobile version