Irma di que pinta dende que ten uso de razón, e confesa que cada vez que colle o pincel “son feliz”. Esta autodidacta mindoniense expón por primeira vez expón un anaco da súa obra no Bar Porriño de Mondoñedo.
Esta exposición está composta por 9 obras cuio fío condutor son as paisaxes e as rúas de Mondoñedo. “Encántame a miña pequena cidade, nacín aquí, críeme aquí, estudei aquí, e pintar as súas rúas, as súas paisaxes, os seus tellados de lousa, faime voltar sempre ao meu fogar. Aínda que por motivos laborais vivo en Lugo, sigo vencellada a Mondoñedo, este lugar é o meu paraíso”, relata a autora.
Irma Loureiro Neira (Mondoñedo, 1974), expón por primeira vez na súa cidade natal. As redes sociais foron as que primeiro se fixeron eco da exposición, do cal a autora se sente “gratamente sorprendida e ao mesmo tempo agradecida polas felicitacións de todos os mindonienses”. Esta mostra estará aberta ata o vindeiro 29 de xaneiro. Irma Loureiro agradeceu ao Bar Porriño de Mondoñedo a súa colaboración na montaxe desta exposición.