Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo celebra as XVI Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro entre o 16 e o 18 de decembro

Mondoñedo acolle entre o 16 e o 18 de decembro de 2016 as XVI XORNADAS MINDONIENSES DE ARQUEOLOXÍA
“Villaamil y Castro” na sala de Conferencias do Centro Comarcal, situado na Rúa Julia Pardo.

As Xornadas de Arqueoloxía véñense celebrando de xeito ininterrompido dende o ano 2001 e na presente chegan á súa décimo sexta edición.

Este ciclo acolle conferencias e visitas guiadas a lugares de interese arqueolóxico segundo unha liña divulgativa e de formación iniciada fai 15 anos que busca con elo achegar á xente ao patrimonio cultural.

A matrícula para participar nas mesmas segue a ser gratuíta grazas aos esforzos do Concello de Mondoñedo e á colaboración da Deputación Provincial de Lugo.

A formalización da matrícula pode ser por correo ordinario remitindo os datos persoais ao Concello de Mondoñedo indicando que se quere participar no curso.

Enderezo: Concello de Mondoñedo, Praza do Concello, s/n. 27740 Mondoñedo (Lugo)
Pódese facer a matrícula por fax (982 507 421) ou comunicar cos teléfonos 982 52 40 03 ou 982 50 71 77 onde se recollerán os datos facilitados.

Tamén hai un enderezo de correo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com habilitado para tal fin.

O prazo de matrícula remata o venres, día 16, ás 00:00h. para a matrícula por enderezo electrónico e o día 16 ás 14:00 horas para o correo ordinario.

Horario
Venres 16 de decembro
19:30h. Recollida de documentación.
19:45h. Acto de Inauguración.
20:00h. Conferencia.
“Mondoñedo dende a Prehistoria ao Mundo Medieval”
Dr. D. Abel Vigo García
Arqueólogo

Sábado 17 de decembro
18:00h. Conferencia,
“A recreación histórica. Do xacemento á reconstrución. O Mundo Romano”
D. Adrián Rodríguez
D. Rafael Ortiz
D. Óscar Núñez
Historiadores e investigadores da asociación “Recreadores de Galicia”

Domingo 18 de decembro
08:30h. Saída de Mondoñedo
11:00h. Vista:
Montefurado (Quiroga, Lugo)
Castelo dos Novaes (Quiroga, Lugo)
Museo Xeolóxico de Quiroga (Quiroga, Lugo)
Museo Etnográfico de Quiroga (Quiroga, Lugo)
D. Ramón Vila Anca
Responsable do Museo Xeolóxico e do Museo Etnográfico de Quiroga

Exit mobile version