Site icon Crónica3.com A Mariña

Non creo na clase política

Non creo na clase política nin nas castas; creo nos políticos singulares: persoas que dedican un esforzo considerable a mellorar a vida dos seas conciudadans. Creo na democracia de partidos, pero non que sexan a única vía de expresión cidadá, o único motor de participación. Creo nas asociacións de barrio, nas profesionais e sectoriaes e en todas aqueles que libres de obediencias debidas sirvan para canalizar descontentos, propostas, melloras.

Creo na cidadanía activa, vixiante e comprometida. Votar non é a máxima expresión dunha democracia. Unha democracia exprésase cada día na igualdade ante a lei, a igualdade de oportunidades, na xustiza eficaz e rápida, na súa capacidade de corrixirse, nunha educación que ensine a pensar, non a repetir, no coidado dos anciáns e enfermos, na persecución dos delitos, nos debates parlamentarios onde os deputados representan aos seus votantes, non aos seus secretarios xerais.

Unha democracia non ten alcantarillas nin desagües nin alfombras que o cobren todo. Unha democracia sa é transparente, non se avergoña nin se esconde; sabe distinguir entre os soldos necesarios dos seus alcaldes, ministros e presidentes dos privilexios e os abusos.

Un deputado, alcalde, conselleiro ou calquer outro cargo non debería viaxar a costa do contribuyente en Club nin en Business nin comer sobre manteles con cinco tenedores nin durmir en suites do Palace nin obter privilexio algún. Non é unha cuestión de números, de aforro, senón de principios, de Ética. Os principios pérdense con facilidade e sen eles non hai democracia, só decoración de interiores.

Vivimos tempos de crises nos que as institucións e outros axentes sociais están cada día máis desprestigiados: a Monarquía, a Xustiza, o Legislativo, o Goberno, a prensa? A distancia é enorme porque xa existía unha distancia mental: a casta fronte aos que votan o que manda o cacique, real ou mental, a inercia ou o sectarismo.

Esta crise que é un saqueo engadido pode ser unha oportunidade histórica para abrir as fiestras, ventilar habitacións e de paso aplicar un ERE a unha parte importante da clase política. Despedidos con 20 días e desemprego recortado.

Otero Regal.

Exit mobile version