Site icon Crónica3.com A Mariña

Non se corte, vote tranquilamente tamén en 2017

Esta noite o calendario roman, oficial e oficioso dinos que ficou en bora un ano mais e que empeza outro . Trato pois de resumir o que foi o 2016 en un so feito eleccions a esgallo duas a o parlamento do estado, autonomicas…..e como contrapunto o 2017 parece que non ten no horizonte eleccions, a non ser en Cataluña, que cada dous anos sacan as caixas a rua para votar, non se ve no horizonte outras eleccions no estado, a non ser que o señor Rajoy se lle enchan os cataplins e se lle ocurra voltar as andadas.

Asi as cousas, quero recordar que a un gustalle esto de ir a votar, a pesare de que teño craro que serve para pouco, e por eso neste comenzó de ano que din novo pero cheo de os vicios do pasado, recortes a esgallo incluidos quero pedir o voto en plural, por sia caso….. propoño pois unas cantas razons ou motivos para seguir votando. Escolla o seu. E vote.

Para que gañen os seus. Sexan quen sexan os seus. Para que non gañen os outros. Sexan quen sexan o outros. Porque nunca como agora púidose acceder á información sobre a política e os políticos. Non hai escusa. Porque si votamos por case todo (como Eurovisión, Miss España ou as novas 7 Marabillas do Mundo), deberiamos votar polo máis importante, porque si non fai política, outros a farán por vostede.
Porque ás veces si que vén dun voto. Porque el non se metía en política, pero vostede si. orque a abstención ten moitos pais, pero o voto só un. Porque o seu voto non só afecta á súa vida, senón á vida dos outros. Porque son os cidadáns apáticos os que crean unha política apática: Máis paixón política xera mellor política. Porque en moitos outros lugares do mundo, non é posible votar. Vostede si pode. Porque moitos outros veciños nosos non poden votar. Vostede si pode.

Porque si non vota, non estará algo menos lexitimado para protestar durante catro anos. Por respecto aos que morreron polo dereito a votar. Porque a abstención non castiga aos políticos, senón á política. Porque a alternativa aos votos son as armas e as armas din que as carga o demo.
Escolla a razón que máis lle guste. Ou busque un novo motivo. Pero vote. Vote con todas as súas forzas. Sempre e cando teñamos eleccions pero mentres tanto vote na Comunidade de vecinos, no sindicato, na asociación, cultural, deportiva, de caminantes, de amigos de esto e de aquello, gastronómicas e un largo etc as que perteneza.

Exit mobile version