Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo obradoiro para pícar@s no Museo Provincial do Mar

Dentro do programa de obradoiros e actividades de outono que ofertamos no Museo Provincial do Mar de San Cibrao hoxe, sábado 3 de decembro, levamos a cabo a actividade Non existe o imposible, con motivo doDía Internacional das Persoas con Discapacidade.

Participaron integrantes do noso Club Pequeamig@s que realizaron broches con emoticonos relacionados coa discapacidade e un mural colectivo con debuxos, pictogramas e braille.

Tamén se puxeron no lugar de persoas con diferentes discapacidades. Percorreron o museo cos ollos tapados e souberon a dificultade que supón, para as persoas que non teñen mans ou brazos, facer obras artísticas coa boca.

O próximo obradoiro para os Pequeamig@s terá lugar o sábado, 17 de decembro, de 11:30 a 13:00 h co título Sociedades plurais e diversas.

Para participar nestes obradoiros, como sempre totalmente gratuítos, só é necesario inscribirse no propio museo, chamar por teléfono ou a través do correo electrónico museodomar@museolugo.org.

Exit mobile version