Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela desexa un 2017 cunha sociedade cada vez máis solidaria e comprometida

Burela, 23 de decembro de 2016. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, desexa unhas felices festas aos seus veciños e aos mariñáns en xeral, á vez que espera que no 2017 se consolide unha sociedade solidaria e comprometida.

Llano manifestou que “chegando estas datas é normal que desexemos o mellor para os nosos veciños de Burela. Agardo que teñan todos unhas boas festas estes días en compañía dos seus familiares, amigos e visitas que veñan estes días a Burela”.

O rexedor mostra a súa confianza en que “o ano que ven, o 2017, sexa un ano para consolidar unha sociedade madura, solidaria e comprometida cun obxectivo común que non é outro máis que facer unha convivencia en harmonía e o mellor posible para todos nosoutros”.

O alcalde de Burela subliñou que “ese é o meu desexo para todos os veciños de Burela e por extensión tamén para os da comarca da Mariña”.

Exit mobile version