Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro sortea unha viaxe a Londres

O venres 2 de decembro iniciábase a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro.

Dentro das primeiras iniciativas postas en marcha para premiar a fidelidade dos clientes que ano tras ano apostan polas compras no comercio local, repartíronse papeletas de Rasca e Gana con miles de premios directos, e para aquelas papeletas que non tiñan premio dábase a oportunidade de participar no sorteo dunha viaxe a Londres.

O sorteo realizouse este xoves ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, sendo numerosas as papeletas cubertas para poder optar á viaxe. O agraciado é Manolo Pigueiras, cun rasca cuberto na tenda Platax.

O premio é unha viaxe para dúas persoas a Londres, do 20 ao 22 de xaneiro. Inclúe voo directo desde Asturias, 2 noites de hotel con almorzo, bus turístico pola cidade e seguro de viaxe incluída.

O prazo que ten o gañador para reclamar o seu premio é ata o 31 de decembro de 2016.

Exit mobile version