Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz convoca o concurso “A túa decoración de Nadal”

Xa chegou decembro e poucos nos podemos resistir a decorar algún rincón da nosa casa. O árbol, o belén… calquer detalle é bon para facer chegar á familia o espírito de nadal.

Por iso, dende a nosa páxina propoñemos un concurso para coñecer as ideas en decoración de nadal máis orixinais das vosas casas!

BASES:
1. O Concello de Alfoz organiza o concurso “A túa decoración de nadal”.
2. O concurso consistirá en fotografar decoracións de nadal propias (árbol, belén, cheminea, etc.) e compartilas na páxina Cultura & Turismo ALFOZ. Cada participante poderá presentar un máximo de duas fotografías. A foto debe levar título e o nome do autor.
3. A temática das fotos de nadal terá que ter algún motivo relacionado co entorno ou paisaxe de Alfoz (castelo, zoca, cabozo…).
4. O prazo para participar e votar as fotografías comezará o martes 6 de decembro ás 00:00 horas e finalizará o sábado 31 de decembro ás 00:00 horas. A medida que cada participante comparta a súa fotografía, a páxina Cultura & Turismo ALFOZ irá engadindo ao albúm CONCURSO “A TÚA DECORACIÓN DE NADAL” todas as fotos e só dende ahí se poderán votar. Só se contabilizarán os “me gustas” recibidos en cada foto do albúm CONCURSO “A TÚA DECORACIÓN DE NADAL”.
5. Poderán participar todas as persoas físicas maiores de 18 anos, que lle teñan dado a “me gusta” á páxina Cultura & Turismo ALFOZ e que posúan un perfil real en Facebook.
6. Das 10 fotos que reciban máis “me gustas” durante o periodo sinalado, o xurado seleccionará ao gañador, en base á súa orixinalidade, axuste á temática… O nome do gañador publicarase a comezos do mes de xaneiro.
7. O premio será un orixinal agasallo de nadal feito polo zoqueiro Alberto.
8. O Concello de Alfoz resérvase o dereito a tomar decisións non reflectidas nas presentes bases, así como a solucionar calquera tipo de conflicto na interpretación das mesmas.
9. O feito de participar neste concurso supón a aceptación destas bases.

Exit mobile version