Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros organiza unha viaxe á planta de Sogama en Cerceda

qwerqweBarreiros, 16 de decembro de 2016. Este venres presentouse no Concello barreirense á viaxe e visita á planta de Sogama en Cerceda, que organiza a Delegación Municipal de Medio Ambiente. Será o vindeiro 22 de decembro e a inscrición está aberta e pode facerse chamando ao seguinte número de teléfono: 618 75 25 60. A actividade é gratuíta.

O obxectivo segundo explicou o alcalde, Alfonso Fuente, pasa “por fomentar e concienciar á poboación sobre a importante que ten a reciclaxe para o futuro do medio ambiente natural”. Xunto ao rexedor compareceron os concelleiros de Medio Ambiente, José Manuel Gómez, e Obras, Lorenzo Penabad.

Tras a visita á planta de Sogama os asistentes participarán nun xantar no Mesón do Vento. O prezo do menú será de 12 euros. E pola tarde achegaranse ata a cidade da Coruña para ver o planetario, entre outras cousas. O regreso a Barreiros está previsto para última hora da tarde.

Exit mobile version