Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo distribúe entre @s veciñ@s un calendario do 2017 con fotos dos anos 80 e 90

aislkdfjmCervo, 17 de decembro de 2016. O Concello de Cervo iniciou o reparto entre os veciños dun calendario do 2017 no que se recollen fotos dos anos 80 e 90 do século pasado e as diferentes actividades e festas previstas en todas as parroquias do municipio ao longo do ano.

O alcalde, Alfonso Villares, anunciou este sábado que “durante esta semana desde o Concello de Cervo empezamos a repartir, como xa ven sendo habitual a final de ano, un calendario entre todos os veciños do noso municipio. Trátase dun calendario onde mostramos este ano distintas imaxes de momentos de veciños do noso concello aló polos anos 80 e 90. É un calendario que ademais ten toda a información necesaria en canto a actividades e festas que se celebran ao longo do ano nas distintas parroquias”.

Alfonso Villares engadiu que “tamén aproveitamos unha vez que repartimos este calendario para entregar un folleto con toda a programación de actividades que temos para este Nadal e para o mes de xaneiro”.

O rexedor municipal espera que “este calendario sirva aos veciños para usalo no momento que o necesiten e tamén aproveitamos para desexarlles a todos eles unhas felices festas de Nadal”.

Exit mobile version