Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz mellora viarios nas parroquias de San Asisclo, Vilaronte, Santa Cilla e SAn Martiño

Foz, 15 de decembro de 2016. O Concello de Foz mellorou viarios nas parroquias de San Acisclo, Vilaronte, Santa Cilla e San Martiño. Anunciouno este xoves o concelleiro delegado de Medio Rural, Mar e Obras, Pedro Fernández Manín, que xunto a técnicos municipais visitaron a parroquia de San Acisclo para facer o recoñecemento das obras de asfaltado, rebacheo e limpeza de cunetas das estradas que dan acceso ós núcleos de Os Pinos, O Piñeiro e A Senra.

Pedro Fernández Manín manifestou que “unha vez rematadas as obras de mellora de firme e asfaltado de camiños das parroquias de Vilaronte, Santa Cilla e San Martiño, o Concello de Foz segue a realizar obras de mantemento noutras zonas do concello. As actuacións que se están a levar a cabo pertencen ó POS 2016 e nelas o Concello de Foz inviste preto de 65.000 euros, dos cales a Deputación Provincial aporta 52.000 euros”.

O concelleiro de Obras focense engadiu que “co persoal do Concello tamén se limparon as cunetas nos barrios de Sobrado e A Igrexa, na parroquia de San Acisclo”.

Exit mobile version