Foz, 27 de decembro de 2016. O concelleiro focense delegado de Medio Rural, Mar e Obras, Pedro Fernández Manín, e técnicos municipais levaron a cabo na parroquia de Vilaronte o recoñecemento das obras de limpeza de cunetas e aglomerado en quente da estrada que dá acceso ó núcleo de Mañente, obra que fora adxudicada á empresa Carferlo S.L.
Pedro Fernández Manín manifestou que “unha vez rematadas as obras de mellora de firme e asfaltado de camiños da parroquia de San Acisclo, o Concello de Foz segue a realizar obras de mantemento noutros lugares do municipio. As actuacións que se están a levar a cabo son con cargo os orzamentos do Concello de Foz, nos cales existe partida por importe de 20.000 euros. Con esta obra o equipo de goberno de Foz cumpre os compromisos cos grupos da oposición e cos veciños do barrio de Mañente que a tiñan solicitada”.