Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove fomenta o uso do galego no comercio do municipio

O Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local ven de deseñar unha campaña para fomentar o uso do galego no comercio do municipio continuando as xa realizadas en 2013 e 2015. Subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e en colaboración coa ACIAM.

A campaña deste ano consistíu nun obradoiro de escaparatismo en galego dirixido ao persoal dos establecementos asociados á ACIAM e impartido por JESÚS ATADELL (de El Chipe). Desenvolveuse na Aula de Formación do Concello de Xove os martes e xoves desde o 27 de setembro ao 15 de novembro en horario de nove a once da noite. Asistiron 10 persoas que traballaron a maneira de colocar o seu produto de forma orixinal, creativa e innovadora procurando chamar a atención da clientela, así como a adaptación do escaparate a cada tempada. Por outra banda, foméntouse o emprego do idioma galego tanto durante o obradoiro coma nas relacións comerciais diarias e desenvolveuse unha campaña denominada ‘Nadal en galego’ que reflicte desde os escaparates comerciais do municipio o idioma como protagonista.

Podemos ver nos seguintes escaparates participantes da campaña o poema A FALA de Manuel María impreso con motivos de Nadal: Xoiería Véquez, Peluquería Eugenia, Confecciones Fifa, Estética e Beleza Marta, Librería Lendas e Viaxes Meigallo e Catycris Fashion, Mercería Antollos e Panadería – Pastelería Maral.

Exit mobile version