Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación fai súas as reivindicacións veciñais para dotar de servizos ferroviarios á provincia

aislnfkdmO Presidente da Deputación, Darío Campos, acompañados doutros membros do Goberno Provincial e autoridades da provincia, participou este sábado na concentración na Praza Conde de Fontao, que promove a plataforma “Lugo, non perdas o tren”, para reivindicar melloras nas infraestruturas ferroviarias na provincia de Lugo, e ao mesmo tempo, para evidenciar as carencias desta infraestrutura con respecto a outras Comunidades. Campos Conde acudiu a este acto reivindicativo do “Día da maleta”, cunha maleta na man na que se podía ler “Queremos un tren do s.XXI”.

O Presidente afirmou que os servizos ferroviarios da provincia de Lugo están discriminados con respecto a outras provincias, e demandou ás institucións con responsabilidade neste asunto, que deixen as palabras e que pasen aos feitos. Campos Conde avanzou que coa concentración de hoxe, Lugo pon a primeira pedra para non quedar atrás. Neste senso, avanzou que esta provincia ten que ter as mesmas prestacións ferroviarias que o resto de Comunidades. Por último emprazou a todos os responsables políticos a remar na mesma dirección, “non basta con dicilo, hai que seguir pelexando por isto”, dixo.

Esta plataforma está integrada, entre outros colectivos, pola Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, a Confederación de Empresarios (CEL), o Concello de Lugo, a Deputación Provincial, xunto cos principais sindicatos e os colexios profesionais.

Con este xesto, o Presidente da Deputación, fai súas as reivindicación deste colectivo, que reclama, a chegada do AVE; a posta de marcha do proxecto intermodal, que xa esta feito; trens por Lugo, dende A Coruña; a eliminación dos pasos a nivel na provincia. Tamén demanda paradas de Media Distancia (MD) en todas as estacións, xunto con horarios adecuados ás necesidades dos usuarios. Outras das solicitudes son prezos adecuados, asequibles e competitivos para todos os usuarios; unha vía férrea a Santiago, ou a recuperación dos servizos de mercancías a Lugo. Por último solicitan servizos por León e a Cataluña e País Vasco, e que non se recorten servizos na fin de semana ou festivos.

Lugo conta coas peores conexións ferroviarias de Galicia
Os colectivos remarcan que a provincia de Lugo conta coas peores conexións ferroviarias de Galicia, xa que segundo os datos que manexan, está entre entre as catro ou cinco peores de España, xa quedou fóra da rede de alta velocidade, e nos últimos anos non deixou de perder servizos.

Exit mobile version