Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de música da Fundación Eu Son ofrece un concerto en Viveiro

O vindeiro martes, 13 de decembro, ás 16:30 horas, na sala multiusos da Casa do Concello de Viveiro, actuará o grupo de música da Fundación Eu Son. Este grupo, que xa actuou en diversos lugares como Tapia de Casariego, Burela ou Santiago de Compostela, forma parte dun proxecto iniciado hai 2 anos, está formado por 7 rapaces con discapacidade intelectual e o seu director é Óscar Rodríguez.

A actuación durará uns 30 minutos e nela interpretarán diversas pezas de composición propia e algunhas versións. Trátase dunha actuación de acceso libre e gratuíto, na que está previsto que asistan, como público, nenos dos grupos de apoio educativo dos departamentos de Inmigración e Servizos Sociais.

Exit mobile version