Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal popular considera que “facer peonil parte de Eijo Garay pode xerar máis problemas que vantaxes”

Burela, a 15 de decembro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela considera “unha falta de seriedade e de rigor o anuncio feito polo alcalde sobre a posible peatonalización de parte da rúa Eijo Garay, así como as súas declaracións sobre o cambio de ubicación do mercado semanal. Todo apunta a que son ‘globos sonda’ para ver a reacción da xente e logo actuar en consecuencia, o que demostra baixeza política e incapacidade para abordar de frente os problemas e as súas solucións”.

Para os populares, “a anunciada peatonalización do tramo de Eijo Garay entre a intersección con Rosalía de Castro e a de Pardo Bazán, por si mesma, non vai resolver ningún problema de tráfico, non vai dar máis vantaxes; é máis, de aplicarse xeneraría moitos problemas para ir ó Porto e para boa parte dos residentes na zona, porque obrigaría a dar un rodeo por Rosalía de Castro, Curros Enríquez (de facerse de dobre sentido) e Pardo Bazán. Ademáis, se o tramo indicado se peatonaliza para favorecer a ubicación do mercado nas prazas do Concello e da Mariña, de pouco serviría se non peatonaliza o tramo de Pardo Bazán entre Curros e Eijo Garay. Entendemos que un proceso de peatonalización debe basarse en estudios e informes técnicos para que non se produzan erros que logo serían irreparables; en todo caso, tal proceso de peatonalización debería ter amplitude de miras”.

Desde o GMP tamén consideran “mui lixeiras as declaracións do alcalde sobre o posible traslado do mercado semanal dos venres: primeiro, plantexou a alternativa de Torrentes, e mesmo creou expectativas entre os negocios da zona de O Campón; despóis, fala da ubicación do mercado nas prazas do Concello e da Mariña. Tantos anuncios demostran que a solución non está definida, e que se fan declaracións por facelas, a modo de globo sonda, para ocupar espacio na prensa cun asunto que indudablemente atrae a atención do cidadán, e, en función das reaccións, así actuará despóis.”.

Os populares consideran que “estes anuncios hai que facelos cando están mui meditados, con estudios e planos de por medio e cando están falados cos afectados. Todo apunta a que se está falando por falar, xa que non nos consta de que haxa un estudio seiro e riguroso sobre un proceso de peatonalización de rúas e/ou tramos de rúas. Nin nos consta que haxa un estudio de cabida dos postos do mercado nas prazas de A Mariña e do Concello. Cando o goberno municipal do PP en 2006 se plantexou actuar sobre Eijo Garay, o primeiro que fixo foi reunir ós veciños e donos dos negocios para, con planos, expoñerlles a idea buscando un amplo consenso dos directamente afectados. E así saiu a obra adiante, obra que, por certo, contou coa oposición radical do PSOE, que pedía manter Eijo Garay como estaba”.

Os populares advirten que con estes anuncios do alcalde “xa hai malestar entre a cidadanía; cando menos, preocupación. Xa se puxeron en contacto con nós algunhas persoas para decirnos que a alternativa da peatonalización dese tramo de Eijo Garay lles parece mala e xeneradora de problemas. Por eso, estaremos atentos a cómo transcurre este asunto, porque as cousas, se se fan, hai que facelas ben e con xeito, e se non cabe a peatonalización, hai alternativas que poden facer máis humanos os espacios urbanos polos que transitar”.

Exit mobile version