Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal socialista de Ribadeo imparte unha charla sobre primeiros auxilios no caso de ataque da vespa velutina

O Grupo Socialista municipal de Ribadeo ofrece este venres 16 de decembro ás 20.00 horas, no salón de actos da Casa do Mar, unha charla totalmente gratuíta e aberta a toda a poboación para ensinar como actuar e aplicar os primeiros Auxilios en caso do ataque da vespa velutina.

O obxectivo é que as persoas asistentes aprendan unhas técnicas básicas poden supoñer a supervivencia dunha persoa en caso de producirse devandito ataque”.

Os temas para tratar serán:
-Diferenzas anatómicas ente as avispas convencionais e a avespa asiática.
-Diferenzas entre o veleno dunha e outra avespa.
-Actuación en caso de ataque
-Elaboración dun botiquín especifico para estes casos.
-Activación servizos de Emerxencias en caso de necesidade ( 061 /112 )
-Actuación ante un caso grave de ataque
-Técnicas de reanimación en caso de parada cardíaca debido a intoxicación grave por ataque
-Práctica de Rcp
-Dúbidas e preguntas.

Exit mobile version