Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP denuncia que a Deputación non cumpre cos traballadores e traballadoras do mar

Lugo, 5 de decembro de 2016. O Grupo Provincial do PP denuncia que a Deputación de Lugo, que dirixe o socialista Darío Campos, non está a cumprir cos traballadores e traballadoras do mar. Así o trasladan despois que comprobar que seguen sen facer o pagamento das axudas nominativas ás confrarías do ano 2015, a pesar de que están xustificadas.

A voceira do PP, Elena Candia, critica que ademais de non ter aboado a anualidade do ano 2015 “tampouco sabemos nada da que corresponde ao ano en curso nin a súa tramitación, pese a que xa está a piques de rematar”.

Os populares recordan que se trata dunha axudas “consolidadas”, polo que o único que explica a situación “é a pouca implicación e a falta de sensibilidade do Goberno do PSOE”. En concreto, no Orzamento da Deputación de Lugo de 2015 incluíanse subvencións nominativas para a Agrupación de Mariscadoras e para seis confrarías de pescadores existentes na provincia cun importe de 3.000 euros para cada unha delas.

Tras ter falado co sector, ao Grupo Provincial do PP cónstalle que a día de hoxe o importe das subvencións nominativas do ao 2015 aínda non foi pagado a ningún deles, polo que lle reclaman ao presidente “que faga o seu abono con carácter urxente”

“O único que saben facer é pórlle deberes a outras administracións, éncheselles a boca día si e día tamén reclamando e cando toca traballar seguen máis preocupados polas liortas e desacordos internos no seu do seo do seu partido que por resolver os problemas da xente”, precisa a popular.

Exit mobile version