Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP pedirá o luns unha xunta de voceiros para abordar a aceptación polo BNG do modelo de orzamentos para a Deputación proposto polos populares

Lugo, 3 de decembro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular solicitará o vindeiro luns unha xunta de voceiros para abordar a aceptación por parte do BNG do modelo de orzamentos para a Deputación de Lugo proposto polos populares.

Dende o PP agardan poder contar co apoio dos nacionalistas para desenvolver na Deputación lucense un modelo de presupostos baseado na estrutura da Deputación da Coruña. “Agardamos que saia adiante uns orzamentos para que a Deputación de Lugo mellore a colaboración con todos os concellos da provincia e cree un plan de axuda ás administracións locais máis ambicioso, seguindo criterios obxectivos” e que dea “unha verdadeira resposta ás necesidades dos veciños”.

A voceira dos populares, Elena Candia, lembra que foi o PP o que de forma “insistente e reiterada” levou ao pleno a petición de crear un plan de cooperación cos concellos “máis ambicioso e que se rexese por criterios obxectivos, atopándonos sempre co voto en contra de socialistas e nacionalistas”.

Candia recorda que “durante anos os concellos se viron sometidos ao sectarismo político e partidista” incluso “moitas administracións locais achegaban máis á Deputación do que recibían do ente provincial”. Os populares na Deputación censuraron de xeito reiterado estas actitudes e “a través das fórmulas que tiñamos nas nosas mans presentamos diferentes iniciativas para mellorar a colaboración da Deputación con todos e cada un dos concellos da provincia”.

Neste eido, os populares defenden un modelo de orzamento que permita un reparto do financiamento guiado por “criterios obxectivos”.

O PP pídelle responsabilidade ao presidente
O Grupo Provincial do Partido Popular tamén se pregunta “unha vez máis” polos presupostos da Deputación para o ano 2017. “Pedímoslles responsabilidades e rigor ao equipo de Goberno da Deputación de Lugo e ao seu presidente, o socialista Darío Campos, para que non se repita a situación vivida na pasada anualidade, que mantivo a esta provincia sen contas ata o segundo trimestre do ano”.

Exit mobile version