Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Alfoz critica que “o Concello non convocara as subvencións para as asociacións neste 2016”

Transcorrida a metade do último mes do ano, é dicir, a menos de quince días do remate deste, o Concello de Alfoz aínda non publicou as bases para a participación das asociacións no concurso das axudas que o ente municipal plasmou nos presupostos do presente exercicio 2016. Unhas axudas que viron sustancialmente reducida a súa contía con respecto ao ano 2015 cando coa publicación dos presupostos cada entidade asociativa sabía a cantiade máxima de axuda a que podía optar.

Tal como manifesta o portavoz do PP en Alfoz Juanjo Fraga, “foron varias as asociación que se puxeron en contacto con nos preguntándonos que estaba pasando coas axudas municipais”, estas asociacións non saben ainda a día de hoxe a que cantidades poden optar ao non haber publicado nada ao respeto, tiveron que organizar as actividades do 2016 sin saber cales ían ser as aportacións recibidas polas subvencións municipais, “ no caso de ter algúnha, que non creo que vexamos nada”, manifestaba o presidente dunha delas aos populares,pois dudaba que xa neste ano as houbera pasando ás de 2017.

Segundo os populares, “é de vital importancia colaborar con todas estas entidades pois son elas as que dinamizan o concello organizando actividades de todo tipo e levando o nome do noso Concello a moitos puntos da xeografia, o goberno municipal céntrase en protagonismos persoais deixando de lado a toda esta xente anónima que traballa arreo e perde moitas horas da súa vida privada para facer máis agradable vivir en Alfoz e sentirse orgullosos de ser deste Concello”.

Exit mobile version