Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
1º) O grupo municipal do PP de Viveiro faise eco da demanda dun veciño da parroquia de Valcarría quen reside en Cancela nº2, e que ten pedido a colocación dun espello de seguridade vial ó obxecto de mellorar a visión desde a saída da súa vivenda para incorporarse á estrada LU – P -6607.
Según este veciño solicitou dito espello tanto por escrito como de palabra no Concello, asi como nun escrito dirixido á Deputación Provincial por ser esta estrada da súa competencia . Decir que membros da Policia Local estiveron na citada zona elaborando un informe , pero o certo é que transcurrido máis dun ano destas solicitudes o veciño non ten recibido resposta algunha ó respecto.
Por este motivo lle ROGAMOS ó Goberno Local que teña a ben facer as xestións necesarias, tanto si é da súa competencia como si é do goberno provincial, para que se coloque a maior brevidade posible o mencionado espello no lugar antes indicado .
2º) Na avenida Antonio Meirás no paseo marítimo de Viveiro, en concreto fronte ó pavillón Antonio Tarrío e incluida unha parte da rotonda, o pavimento da estrada presenta abundantes baches o que dificulta a normal circulación de vehículos.
Por esta razón lle ROGAMOS ó equipo de goberno que proceda a sua reparación o antes posibles para evitar males maiores tanto a ciclistas como conductores.
3º) Na estrada desde Santa Alvitides ó cemiterio de Celeiro, hai un tramo do pavimento no lugar de Teixeiro en malas condicións. Por este motivo lle ROGAMOS ó equipo de goberno adopte as medidas oportunas para a súa reparación o antes posible.