Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz presenta en xunta de portavoces as súas primeiras propostas de cara a ser incluídas nos orzamentos do Concello

Foz vai asistir, nos próximos meses, a un cambio substancial na súa fisionomía coa peonalización das dúas arterias principais: a Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro.

Existe un gran descontento dos veciños non só pola falta de información senón pola falta de solucións á supresión de aparcadoiros e á falta de vías alternativas ao tráfico rodado.

Outras dúas rúas de Foz veranse seriamente afectadas, a do Cemiterio e a do Pilar. A rúa do cemiterio supón un perigo para os viandantes por iso o PSOE considera imprescindibles a beirarrúas que xa solicitou nos orzamentos para o 2016 e que o Sr. Alcalde non tivo a ben orzar. Respecto á do Pilar, faise necesaria unha dotación orzamentaria para adecuala ao aumento previsible da circulación, ensanchar a rúa, dotar de aparcadoiros para vehículos particulares e autocares, xa que nesta rúa atópase o Colexio do Pilar, e dar acceso á avenida de Asturias a través dá rúa dá Fonte.

Ambas medidas considerámolas absolutamente imprescindibles, si o alcalde quere alcanzar un consenso co noso grupo – explica Chema Linares.

Desde o PSOE pedimos tamén que se incremente a partida destinada a subvencións das asociacións culturais e veciñais. O Sr. Alcalde gastou 65000 euros máis do orzado en festas no 2016 e prevé gastarse 135.000 en festas en 2017 e non quere gastarse nin un só euro máis en axudas a estas asociacións.

Pedimos ademais unha partida orzamentaria para que se constrúa a canceira nunhas condicións óptimas e adecuadas ás necesidades reais de acollida de animais en Foz. Defendemos a necesidade de ter unhas boas instalacións e de conveniar coa Protectora de Animais, para o mellor desenvolvemento desta actividade que de forma altruísta e desinteresada está a desempeñar esta asociación.

Exit mobile version