Site icon Crónica3.com A Mariña

O restaurante Marinero de Ribadeo reabre tras unha importante renovación das súas instalacións

Ribadeo, 4 de decembro de 2016. O restaurante bar Marinero, de Ribadeo, reabriu este domingo despois dunha importante renovación que levou a cabo durante un mes de intenso traballo.

As obras para mellorar as instalacións do Marinero afectaron sobre todo as zonas de cociña, bar cafetería, e baños, que ofrecen agora un aspecto totalmente renovado, aínda que tamén se actuou no comedor, onde foi substituído o chan.

A mellora realizada sorprendeu positivamente aos numerosos clientes habituais deste establecemento hostaleiro, situado no porto ribadense de Porcillán, que se achegaron este domingo para ver a nova imaxe do local. O responsable do bar restaurante Marinero, Roberto Rivas, mostrouse satisfeito co resultado da obra e comentou que “o máis importante é que lles guste aos clientes”.

Exit mobile version