Site icon Crónica3.com A Mariña

O SERGAS está a xestionar a cobertura da praza de facultativo para a quenda de tarde no centro de saúde de Ribadeo

lpenabad-balseiroLugo, 5 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, confirmou que o Sergas está a realizar as xestións oportunas para cubrir a praza de facultativo que asuma a quenda de tarde no centro de saúde de Ribadeo.

Balseiro recibiu na Delegación Territorial a Jesús López Penabad, portavoz do grupo popular no concello de Ribadeo, quen se intereseou por esta cuestión. Ao respecto, o delegado explicou que o Sergas ten interese en cubrir esa praza de inmediato para o cal está a seguir o procedemento previsto.

O delegado engadiu que o Sergas xa realizou varios chamamentos para cubrir esa praza de forma estable, pero os candidatos foron renunciando ao posto por ser en horario de tarde.

En todo caso, asegurou, a Xunta continuará cos trámites necesarios ata lograr a incorporación definitiva dun novo facultativo a esa praza.

Cabe subliñar que en tanto non se cubra definitivamente a praza, o Sergas contratou a médicos substitutos para seguir ofrecendo ese servizo en horario vespertino, xa que ante a disxuntiva é preferible que o posto estea cuberto aínda que sexa con persoal eventual.

Exit mobile version