Site icon Crónica3.com A Mariña

O X Festival As Minas celebrarase na Pontenova o 16 e o 17 de decembro

A Asociación Cultural e Deportiva As Minas organiza o X Festival “As Minas” da Pontenova entre o venres 16 e o sábado 17 de decembro.

Cambiouse a data para decembro -antes era no verán- co obxectivo de non coincidir con ningunha outra celebración da rodeada, incorpórase á ruta barítima do venres cos cantos de taberna por todos os bares do pobo e xa o sábado actuarán Susana Seivane, Miguel Costas (Ex-Sinistro Total), A Banda da Balbina e Arco da Vella.

Terá lugar na Praza dos Fornos nunha gran carpa calefactada e previo ás actuacións musicais levará a cabo unha churrascada popular ao prezo de 10 euros que inclúe churrasco, chourizos, pan, auga, viño, cervexa, sobremesa e café.

Exit mobile version