Tras a auditoría de certificación realizada os días 19 e 20 de decembro pola entidade Eduqatia, renóvase o Sistema de Xestión da Calidade implantado en xaneiro do ano 2011, baixo a norma ISO 9001-2008, implantando a nova norma ISO 9001-2015, un ano antes da obrigatoriedade para todas as empresas e entidades certificadas baixo a norma ISO 9001.
As Hijas del Divino Celo-Rogacionistas decidiron confiar na entidade Eduqatia por ser unha entidade especializada na área socio-educativa (centros educativos, centros de menores, programas formativos para adultos, etc.).
A entidade desenvolve un sistema moi completo que garante non só a aplicación dos protocolos da Xunta de Galicia, senón a atención persoal, a relación próxima e o seguimento dos menores no progreso cara á consecución dos seus obxectivos.
A Certificación de Calidade pon en valor o palpable esforzo que realiza a Titularidade na boa xestión dos recursos que garanten unhas moi boas condicións e magníficas instalacións ao servizo dos menores e as súas familias, xunto coa implicación, motivación e preparación técnica do equipo humano.