Site icon Crónica3.com A Mariña

Os laranxas deixan ir o empate nun “último minuto fatídico”: Catgas 2 – 1 Pescados Rubén

jnhkjlmO Pescados Rubén Burela FS deuno todo pero non puido cumprir co sexto triunfo consecutivo na pista de Catgas Energía (2-1), nun partido moi igualado no que os mariñáns acusaron o cansazo, con outros dous encontros disputados no últimos seis días. “Non teño nada que reprochar, démolo todo” aseguraba Daniel Ibañes ao final dunha cita na que os galegos viron desvanecerse no último minuto un empate “case atado”: “A nosa intención era esperar atrás e buscar a contra, pero subindo un pouco a defensa vimos que podiamos facer máis dano, aínda que quizais esa ambición foi pola que atopamos o segundo gol en contra, escapándose o empate”.

Iago Míguez, no minuto 14, puido devolver a igualdade ao marcador tras a vantaxe tomada polos locais no 8, de Maxi Rescia; o disparo disparo afastado do 5 laranxa entrou no intento de desvío de Rafa López.

O gol resistiuse na continuación. Tras as primeiras tentativas locais, tivo a iniciativa nos seus pés Iago Rodríguez, desbaratada por Prieto; roldaba o 26 de xogo e tan só un minuto despois volveu tentalo Matamoros liquidado por Javi Rodríguez. Os de Daniel Ibañes tiveron que loitar desde a medianía do segundo acto co lastre das cinco faltas; soubo manter a contenda o Pescados Rubén, aínda que nunha recta final moi intensa volveu aparecer Rescia para arrebatar un resultado positivo para os laranxas.

Ficha técnica
Catgas Energía FS: Prieto, Rafa López, Sepe, Curvo e Dani Salgado, cinco inicial; tamén xogaron Sergio, Maxi, Pablo do Moral, Javi Rodríguez.

Pescados Rubén Burela FS: Álex, Iago Míguez, Iago Rodríguez, J.Bellvert e Antoñito , cinco inicial; tamén xogaron Isi, Matamoros, Cuco, Petry.

Goles: 1-0, minuto 8, Rescia; 1-1, minuto 14, Iago Míguez (pp Rafa López); 2-1, minuto 39, Rescia
Árbitros: Moreno Reina // Ramos Marín. Por Catgas amarela a Javi Rodríguez (minuto 29), Dani Salgado (39), Sergio (39). Por Burela FS amarela a Cuco (minuto 16), Bellvert (minuto 29), Isi (minuto 30).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Primeira División LNFS disputado no Pavelló Nou.

*Fotos: Prensa Catgas Energía FS.

Exit mobile version