A vicevoceira do BNG no Parlamento Galegos sinalou, tamén, que “a pesares de que o gran titular do PP é que Lugo leva o maior investimento percápita destes orzamentos, a verdade é que unha grande partida de 8,2 millóns de euros se concentra no proxecto de drons de Rozas”. Tamén as obras de reforma do IES das Mercedes que leva 1 millón 600 mil euros, unhas obras cuestionadas e criticadas pola comunidade educativa e por gran parte da sociedade lucense cando se suprimiu o ensino secundario nestas instalacións.
A respecto dos investimentos para o concello de Lugo, a Parlamentaria do BNG sinalou que “non hai nada para equipar o Auditorio de Lugo, nada para recuperar os usos sociosanitarios da Residencia Vella nin para o Cuartel de San Fernando”. A respeito do Plan Paradai, outra das obras pendentes na cidade de Lugo, o proxecto de Orzamentos contempla 450 mil euros –igual que en 2016 “uns cartos insuficientes para rematar os traballos pendentes no enlace da Serra de Meira, As Gandaras e os aparcadoiros da Praza Conde Fontao e que moito me temo que non chegarán a executarse como aconteceu na pasada lexislatura”.
Rodil aclarou que a sanidade e a educación, que abranguen o 68% do Orzamento para 2017, mais suben menos do 3% en relación ao 2016 e ambas as dúas áreas continúan lonxe do orzamento co que contaban en 2009. Entre os dous departamentos supoñen 329,5 millóns de euros menos que cando Feijóo chegou á Xunta de Galiza. Doutra banda, explicou a Parlamentaria do BNG, “as 200 persoas que a Consellaría de Educación prevé incorporar ao ensino secundario o vindeiro ano supoñen unha mínima parte das prazas amortizadas desde o estourido da crise económica e que as organizacións sindicais cifran en máis de 3 mil”.
Olalla Rodil fixo unha comparación das distitntas lexislaturas entre 2009 e 2017 e a débeda que multiplicouse nun 300% desde que goberna Feijóo. Rodil lembrou que “Núñez Feijóo fixo bandeira no seu discurso de investidura e que afecta de maneira notábel ás comarcas de Lugo é MEDIO RURAL que malia incrementarse no proxecto de Orzamentos para 2017 no 2,97% perde case 17 puntos a respeito de 2009”.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Unha das partidas que máis prexudicada se viu durante os anos de Goberno do Partido Popular foi Normalización Lingüística que despois de perder o 70% do Orzamento mantense para 2017 coa mesma cantidade que no exercicio anterior. Unha decisión que reflite o interés que suscita a situación lingüística en Galiza para o goberno do Partido Popular malia a perda de falantes.