Foz, 8 de decembro de 2016. Os Reis Magos responderán todas as cartas que reciban dos nenos e nenas que estes días fagan as súas compras nalgún dos 36 locais asociados ao Centro Comercial Aberto que están a participar na campaña deste Nadal. Os pícaros poden recoller as cartas para enviarlles ás súas maxestades ata o 12 de decembro. Na misiva terán que poñer o seu nome, idade e colexio no que estudan, deberán dicir cal é a materia que máis lles gusta e tamén a que menos, en qué teñen que mellorar e qué tres cousas lles gustaría recibir o día de Reis. Unha vez que teñan a carta lista teñen que volver ao establecemento a depositala antes do día 13 e despois as súas maxestades de Oriente contestarán a todas as cartas enviadas polos rapaces e rapazas de Foz.
As cartas poden recollerse e despois volver a depositarse nas seguintes tendas: Decoraciones Pura, Ginzo Hombre y Mujer, Infotec, Pastelería Anduriña, Longarela Moda, Vagaluz, Electricidad Núñez, Librería Bahía, Din y Don, Zapatería Chinela, Chinela Nenos, Cenor Belianorte, Xanela, Home Secret, Parafarmacia Foz, Arrulos, Kukadas, La Flor Abulense, Librería A Rapadoira, Viajes Rodríguez, 5 Lobiños, Saint Tropez, Lourdes Lencería, María Docampo, Don Zapato, Electrodomésticos Celso, Calzados Pirde, Alain Afflelou, Lencería Esther, Amarena, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Ecoadellao, Faxtor, Casa Moreda e Suministros Veipa.
Concurso de escaparates
Esta novidosa iniciativa enmárcase dentro das actividades programadas polo Centro Comercial Aberto focense para este Nadal. Durante as vindeiras semanas terá lugar unha nova edición do concurso de escaparates. Os establecementos interesados en participar teñen que enviar as fotos dos seus negocios á seguinte dirección de correo electrónico aciafoz@gmail.com antes do día 16 e do 17 de decembro ao 6 de xaneiro poderanse ver no facebook da asociación e poderanse votar. Aquela foto que reúna máis “me gusta” ao longo deses días será a gañadora do concurso de escaparates deste Nadal.
Sorteo
Ademais o Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 1.000 euros en vales de compra. Será entre os clientes que fagan as súas compras no comercio asociado local entre o 17 e o 24 de decembro. Alí van recibir uns boletos que deberán cubrir e depositar nas árbores dos desexos que atoparán nos establecementos que participan nesta campaña. E o día 27, entre todos os recibidos, 10 serán premiados con 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo realizarase a través da emisora local Radio Foz.
Acia/CCA de Foz tamén contribuirá con diversas propostas á ambientación das rúas da localidade durante este Nadal 2016/2017.