Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas cualifican os orzamentos de Feijoo para a provincia de Lugo como “insolidarios, sectarios e inxustos”

asidnfjaksdaksnLugo, 9 de decembro de 2016.- Os deputados socialistas Luis Álvarez e José Antonio Quiroga valoraron este venres en rolda de prensa os orzamentos da Xunta para a provincia de Lugo. Cualifican as contas de Feijoo para a provincia de Lugo como “insuficientes, sectarias e inxustas, que non resolven os graves problemas que temos, e ademais non contemplan infraestruturas longamente demandadas na provincia de Lugo”.

Luis Álvarez explicou que os orzamentos da Xunta poñen en evidencia os grandes agravios coa provincia de Lugo, con respecto a outras provincias. Critica as soflamas do PP sobre as contas autonómicas, e advirte que o orzamento de Feijoo plasma a cruda realidade sobre os investimentos na provincia.

Coas cifras enriba da mesa, aludiu ao agravio das infraestruturas, e criticou que só aparecen consignados 75.000 euros para a estación intermodal de Lugo, un proxecto que está valorado en 50 millóns de euros, e onde a Xunta debería aportar o 50% deste proxecto. Sobre o Plan Paradai advertiu que nestes orzamentos aparece “unha idéntica cantidade de 450.000 euros que no 2016, non hai nada novo, e o mesmo ocorre coa estrada LU-651 Folgoso do Caurel-Quiroga, ou coa estrada LU-231 Begonte-Friol-Palas, aparece a mesma cantidade que en pasadas anualidades”. Un feito que cualifica o Deputado como “unha auténtica tomadura de pelo”. Sobre a conversión da autovía do corredor Nadela-Sarria, que conta cunha previsión de 250.000 euros, dixo que con esta cantidade “é como senón aparecera nada de nada”.

Cabo Cañaveral Galego
No que atinxe á partida de economía, emprego e industria Luís Álvarez remarcou que conta con 217.978 euros, e diminúe 5.000 euros con respecto ao ano anterior, dixo que esta cifra “é irrisoria para a provincia”. Neste punto aludiu ao aeródromo de Rozas e cualificouno como o Cabo Cañaveral Galego, explicou que segundo as estimacións da Xunta, conta con mais de 8 millóns de euros de inversión, pero advirte “dubidamos que estes investimentos tan especializados repercutan directamente na poboación da provincia de Lugo”.

En educación, a partida destinada a formación dual é de 38.250 euros, e para emprendemento na formación regrada é de 2.550 euros. “Estes son dous mantras do PP, e con estas cifras significan que os investimentos de Feijoo non dan nin para imprimir folletos na provincia”.

Cantidades ridículas para o lácteo na provincia
No que se refire á Medio Rural, Álvarez asegura, “que 56.397 euros para reforestación, ou 75.000 euros para a dinamización do sector lácteo, son cantidades ridículas e ínfimas para sectores claves na provincia de Lugo”; e pola contra denuncia, que aparecen 375.982 euros para a elaboración e revisión de instrumentos de ordenación e xestión.

Redución do orzamento en 677.917 euros en política pesqueira
O Deputado socialista afirmou que a partida adicada á política pesqueira reduciuse en 677.917 euros na provincia de Lugo. E replica que o orzamento previsto para equipamentos pesqueiros é de 90.510 euros, “unha cantidade escalofriantemente 43 veces inferior á de Coruña, e 9 veces inferior á Pontevedra”.

Política Social e Turismo
Sobre a Política Social critica que se reduce a inversión na provincia con respecto ao anterior exercicio en 1,324.814 euros, e denuncia que os 98.000 euros para dinamización demográfica nunha das provincia máis envellecida de España, “non chega para nada”. O Deputado socialista explicou que en Turismo tamén se redúce a partida en 677.917 euros. Di que a maior parte do orzamento esta enfocada en sinalizar o Camiño de Santiago, e asevera que é unha orientación equivocada.

No que se refire a vivenda afirma que Lugo é a unica provincia na que non se prevé ningunha vivenda de promoción publica nova por parte da Xunta. Advirte que é a unica provincia na que ocorre isto. E preguntase “porqué a provincia de Lugo non ten investimentos, porqué non se vai facer ningunha vivenda?”, espetou. E en actuacións relacionadas co Medio Ambiente como redes de auga potable ou saneamento, replica que “non lembra un uso tan sectario destas axudas”. Afirma que os Concellos da provincia que son destinatarios destas subvencións “están gobernados polo PP”, e sinala que “estes concellos que reciben o 66,26% desta inversión, supoñen un 15,92% da poboación da provincia”.

Emenda para os parques de Bombeiros da provincia
Por último, Luís Álvarez anunciou que o Grupo Socialista presentará unha emenda aos orzamentos da Xunta, para reclamar a equiparación salarial dos traballadores dos 6 parques de bombeiros da provincia de Lugo, que cifrou en 330.000 euros, como xa se comprometeu a Deputación de Lugo.

Exit mobile version