Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas da Pontenova emprazan ao PP a que traballe pola vila e pídelle que deixe de “torpedear o traballo do goberno”

A Pontenova (Lugo), 5 de decembro de 2016.- O Tenente de Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez, emprazou este luns aos responsables do PP da vila a que traballan polo pobo e polos veciños, e pídelles que deixen de torpedear o traballo do equipo de Goberno. Ademais en relación a petición de información que solicitan os populares lembroulles que esta colgada na sede electrónica do Concello dende fai tempo, pero advertiulles hai que molestarse en léela.

Martínez afirma que “aos responsables do PP moléstalles que o Alcalde de A Pontenova, Darío Campos, estea presidindo a maior institución da provincia de Lugo, algo do que están orgullosos todos os veciños da vila, menos eles”, espetou.
O Tenente de Alcalde convidou á oposición a que se deixen de criticar sen fundamento e que se adiquen a traballar polos veciños, polas empresas, pola sanidade, pola educación e polo futuro económico da vila”.

Francisco Martínez remarca ademais que Campos conta cun equipo de Goberno, formado, preparado, que sabe traballar en equipo para dar resposta ás demandas dos veciños. Nese senso pediulle ao PP que se deixe de criticas baleiras de contido e que se adiquen a traballar polos veciños da Pontenova, porque iso é o que fai Darío Campos e todo o seu equipo de Goberno os 365 días do ano.

Exit mobile version