Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Ribadeo solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para aprobar unha moción demandándolle ao Sergas a cobertura da praza dun contrato de interinidade de médico de familia para o servizo de tarde

O grupo municipal socialista tuvo coñecemento este xoves de que a praza de médico de familia do servicio de tarde quedou vacante en maio polo traslado da súa titular e estase a cubrir mediante sucesivos contratos temporais que formalizan a relación laboral cos médicos sustitutos en períodos de luns a venres, o que provoca que o contrato sexa rechazado de forma reiterada por moitos dos aspirantes e que cada semana haxa un médico novo na consulta.

Isto está a xerar un profundo malestar entre os veciños que están adscritos a este servicio, xa que se rompe constantemente o vínculo entre médico-paciente e se impide a necesaria relación de confianza que se debe establecer entrámbolos dous, moi especialmente cando se trata de procesos prolongados ou de persoas maiores.

Polo que puidemos saber, o alcalde é coñecedor desta situación dende hai tempo sen que teñamos constancia de que se esté a facer algo para solucionar este problema. Por iso, vimos de solicitarlle a convocatoria inmediata dun Pleno Extraordinario para aprobar unha moción conxunta que se poida elevar ó Sergas demandándolle a urxente cobertura de esta praza cun contrato de interinidade mentres non sexa posible a súa provisión de forma definitiva.

Lamentamos as molestias que esta situación ten causado ata o de agora entre os veciños e veciñas de Ribadeo e poñémonos á súa disposición para denunciar de inmediato calquera cousa que repercuta nos dereitos e benestar dos e das ribadenses.

Aurora González Ginzo.

Exit mobile version