
Radio Burela tamén celebra o Nadal. O pasado 22 de decembro o programa Parolando dedicou o seu coloquio a estas datas tan entrañables. Invitamos a xente de variada condición e variados oficios e ocupacións. Tivemos connosco a Lupe Flórez (profesora), Claudia Pena (estudante), Raquel Amieiro (sanitaria), Martina Sendino (relixiosa), Paco Piñeiro (escritor e actor) e Teresa Pérez (psicóloga). Tamén falamos vía telefónica con Alfredo Llano, Alcalde de Burela, e con Elías Noel, escritor que vén de acadar un importante premio literario co seu libro “Mundosoño”. Falamos do Nadal, da felicidade, da ilusión, dos soños… pero tamén do consumismo, da inxustiza, do que hai que corrixir.