Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Por nuestro faro’ solicitan información ambiental sobre a Illa Pancha

Na asamblea do colectivo ‘Por nuestro faro’ celebrada o día sete de decembro tomouse o acordo de exercer o dereito á información ambiental dacordo co artigo 2.3 da Lei 27/2006 de 18 de xullo pola que se regulan os dereitos de acceso á información, participación pública e acceso á xustiza en materia de medio ambiente e as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE, seguindo o asesoramentos dos técnicos da SEO-BIRD LIFE.

Concretamente o dereito á información ambiental que acolle tanto a colectivos como a particulares de todo o ámeto da UE exercerase nos dous puntos seguintes:

Diante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia solícitase se manifeste por escrito se existe ou non informe técnico de non afección á Rede Natura 2000 do conxunto do proxecto, incluindo os impactos engadidos dos diferentes compoñentes do mesmo e das actividades derivadas da súa posta en funcionamento. Sublíñase o impacto sobre as aves migratorias, para as que algúns elementos orográficos, como é a Illa Pancha, son puntos de referencia para a chegada á ría como zona de paso ou destino definitivo, debendo subliñarse que nos censos de aves realizados por diversas entidades nos últimos 15 anos se aprecia unha diminución progresiva dalgunhas das especies máis significativas o que podería significar a perda da cualificación de Zona de Especial protección de Aves para a Ría de Ribadeo en caso de manterse esta tendencia, dándose o caso de que proxectos como o da Illa Pancha poden contribuír a este efecto migratorio negativo. Sublíñase tamén que no informe emitido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza recoñécese expresamente que non recibiu o expediente completo e só se informa sobre a obra interior do faro que obviamente non é unha cuestión da súa competencia.

Diante da administración de Puertos del Estado solicítase información oficial sobre a posible existencia dalgunha subvención para o proxecto devandito tanta do seu departamento como de outros da administración española ou europea, subliñándose que este tipo de información tamén é un dereito recoñecido expresamente na normativa citada e que tanto veciños, particulares, entidades ou colectivos poden acollerse a dito dereito se o desexan.

Finalmente desde o noso colectivo entendemos que o propio Concello de Ribadeo debera ser o promotor destas solicitudes formais de información motivada para xestionar os expedientes dacordo cos intereses da colectividade e non dun empresa particular que propende á privatización da Illa Pancha.

Exit mobile version