Site icon Crónica3.com A Mariña

Programación para tódolos públicos polo Nadal no Valadouro

A concellería de cultura do concello de O Valadouro liderada polo edil nacionalista Eduardo Chao organiza unha serie de actividades de lecer pensando un pouco en todos os públicos.

Deste xeito, o domingo 18 de decembro de 2016 estrease no Valadouro unha obra de teatro do grupo Trípode e amigos e orixinal de Pepe Peinó que leva por título “Unha panxoliña ben fermosa”.

O 21 de decembro, unha persoaxe mítica galega baixa dos altos montes da montaña luguesa para achegarse ata O Valadouro. A visita está prevista para as 14:30 horas.

Continuando coas actividades de nadal, o 22 de decembro a partires das 17:00 horas organízase un obradoiro para que os máis pequerrechos colaboren cos seus pequenos traballos para decorar e colaborar adornando o Centro Socio-cultural. Unha actividade pensada para os máis pequechos da casa e cun numero limitado de prazas.

Ese día remata a inscrición do programa lúdico-infantil Ludinadal 2016 no que nenos nados entre o 2013 e o 2005 e no participarán entre o 26 de decembro e ata o 5 de xaneiro de 2017 con actividades, manualidades, xogos…

A seguinte actividade programada é a cabalgata de Papá Noel que ao Valadouro vai achegarse ás 11:00 horas da mañá con pasarrúas polas rúas de Ferreira e e recepción na casa da cultura a partires das 12:00 horas.

E a última das actividades, prevista para esta programación de nadal é a cabalgata de Reis 2017 o 5 de xaneiro pola tardiña.

Convidar ós máis novos a que participen nas actividades programadas así como a todo tipo de público a participar nas Cabalgatas e no teatro.

As entradas, como de costume, son de balde.

Exit mobile version