Por outra banda, e de vital importancia, é o inicio en formación en primeiros auxilios onde a Asociación ofertará en xaneiro do 2017 un curso no deporte do mesmo xeito que charlas e prácticas que complementen a formación en primeiros auxilios dos voluntarios que colaboran coa Asociación. A Asociación envorcarase na formación sobre todo en primeiros auxilios, realizando prácticas continuamente e reciclando aos voluntarios.
Búscase tamén, con estas accións formativas gratuítas dirixidas aos voluntarios e membros da asociación, e a empregados da empresa INGETEAM, empresa que colabora coa Asociación en moitas das súas actividades, sobre todo nas de deporte na natureza.
A Asociación Deportiva buscará agora a colaboración de distintas asociacións e institucións públicas para mellorar a formación que vai ofertar aos seus voluntarios.