Site icon Crónica3.com A Mariña

Senderistas de Castroverde, Lourenzá e Burela na Fonsagrada

rutasnnfasndkUn centenar de senderistas participaron o domingo 4 de decembro na ruta Forno do Bolo – Seimeiras de Queixoiro no concello máis extenso de Galicia, A Fonsagrada. A organización correu a cargo de Pasada das Cabras e serve, como cada ano, para unha xornada de convivencia entre as asociacións Amigos do Patrimonio de Castroverde, Terras de Lourenzá e a citada de Burela. A ruta percorrida é dunha espectacularidade total, con dúas seimeiras e bosques totalmente autóctonos, un autentico pracer para a vista. A xornada completámola cun suculento cocido, con butelo da Fonsagrada incluído, servido no restaurante O Piñeiral.

Exit mobile version