Fake saíu á venda este 18 de novembro nun gran formato: un CD de 12 temas inserido nun libro disco de 33×33 cm e 50 páxinas, con ilustracións de Pablo Pastor e textos de Carlos Meixide. “Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación”. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas “cun sotaque tan próximo ao son orixinal que ata había quen pensaba que estes músicos tamén eran nativos de alí”, segue a presentación. Pódese saber máis ou escoitar un bocadiño na súa web: www.talabartemusic.com.