Site icon Crónica3.com A Mariña

Terceira vitoria consecutiva dos laranxas por 9 a 4 ante o Jumilla

imiguez-jumilla16Iago Rodríguez liderou esta noite a terceira vitoria consecutiva dos laranxas deixando a súa pegada en catro das nove dianas da mariñáns fronte ao pechacancelas, Adegas Juan Gil Jumilla. Aínda que tiveron que remar contra corrente, os de Daniel Ibañes souberon dar o golpe psicolóxico con 1-2 ao bordo do descanso; na segunda parte demostraron a temperanza necesaria no tira e afrouxa do electrónico ata poder tomar distancias no último cuarto.

Aos burelistas custoulles atopar a comodidade ante un rival que saltou sen medos ao parqué de Vista Alegre, disposto a atopar a vitoria nos rápidos contragolpes. Os gardametas convertéronse nos grandes protagonistas dos compases iniciais, con máis traballo para Álex, que mantivo a portería laranxa a salvo ata o minuto 16, cunha resposta veloz do Jumilla, tras falta de Mata, que finalizou Lineker; tan só 2 minutos despois, os de Gea volveron sorprender nun rápido saque de banda que terminou Everton superando a Antoñito e a Álex. Os mariñáns responderon con xogo de cinco abanderado por Iago Rodríguez, que recortou distancias sobre a bucina.

As porterías tremeron no comezo da segunda parte. A tan só un minuto e cinco segundos da continuación, Iago Rodríguez igualou a contenda tras falta de Lucas. O 9 laranxa volveu levar polo aire aos laranxas asinando o seu hat-trick, de novo en xogada de estratexia, tan só un minuto despois para devolver as táboas 3-3, tras unha rápida reacción dos visitantes que culminou Raúl Gómez. A alternancia seguiu reinando no guión da Bomboneira; cando parecía que o Burela FS podía comezar a marcar as súas regras, tomando vantaxe no 26, con Matamoros volteándose sobre a defensa murciana, Lineker recuperou o equilibrio (minuto 27) cun disparo exterior. Os goles cederon terreo para o ritmo frenético en Vista Alegre. Renato, no 35, marcou o quinto dos de casa e a partir de aí os de Daniel Ibañes souberon agarrar os tres puntos a pesar da aposta dos murcianos por porteiro xogador. Iago Rodríguez, nunha pugna ao bordo da liña de meta, Iago Míguez, por partida dobre, e Matamoros, de dobre penalti, completaron nos dous últimos minutos o definitivo 9-4.

Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Iago Míguez, Matamoros, Jorge Bellvert, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Iago Rodríguez, Petry, Cuco, Isi, Hélder, Renato
Adegas Juan Gil Jumilla FS: T. Soares, Raúl Gómez, Bolívar, Everton, Lucas, cinco inicial; tamén xogaron Lineker, Ary Neto, A. Sánchez, Pimpolho, Samu
Goles: 0-1, minuto 16, Lineker; 0-2, minuto 17, Everton; 1-2, minuto 19, Iago Rodríguez; 2-2, minuto 22, Iago Rodríguez; 2-3, minuto 23, Raúl Gómez; 3-3, minuto 23, Iago Rodríguez; 4-3, minuto 26, Matamoros; 4-4, minuto 27, Lineker, 5-4, minuto 35, Renato, 6-4, minuto 38, Iago Rodríguez; 7-4, minuto 38, Iago Míguez; 8-4, minuto 39, Iago Míguez; 9-4, minuto 39, Matamoros (d.p.)
Árbitros: Contreras Tejedor // Pérez Álvarez (Castela e León). Por Burela amarela a Matamoros (minuto 17), Iago Rodríguez (minuto 38). Por Jumilla amarela a Lucas (minuto 21), A. Sánchez (minuto 25 e 35), Bolívar (minuto 31), Lineker (minuto 35 e 36), Poti (minuto 38), Ary Neto (minuto 39), Everton, Samu

Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Primeira División LNFS disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. Sobre 900 espectadores. Minuto de silencio inicial en honra das vítimas do accidente aéreo de Colombia.

Exit mobile version