Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Miranda convoca unha asemblea xeral sobre o arranque do programa Leader 2014-2020

A Asociación Terras de Miranda convoca este venres 23 de decembro unha Xunta Directiva e unha Asemblea Xeral no Centro Comarcal de Mondoñedo co fin de informar do arranque do programa Leader 2014-2020 para o mes de xaneiro de 2017, unha vez firmado xa o convenio de colaboración con AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) o pasado martes 13 de decembro.

Os fondos públicos destinados ao mesmo son tres millóns de euros para todo o programa repartido en varias anualidades. O territorio que abarca é Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Trabada, Ourol, O Valadouro, O Vicedo e Ribadeo.

Exit mobile version