Site icon Crónica3.com A Mariña

Un Nadal con mensaxe

poierjlntkwfemsdOs estudantes do Ceip San Cosme de Barreiros disfrutaron este mércores dunha gran Festa de Nadal, cargada de ledicia, actuacións, poesía, agasallos e música e cun fío conductor marcado polo compromiso. Os estudantes maiores exerceron de mestres de ceremonia explicando ao público as dificultades que teñen moitos nenos para acceder ao ensino ou para comer ou para atopar auga corrente, facendo referencias a frases célebres de Einstein e Gandhi, entre outros. Coma sempre as actuacións e intervencións fixéronse en castelán, galego, inglés e linguaxe de signos. A festa foi organizada polo equipo docente.

Exit mobile version