Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha representación do sector pesqueiro galego visitará Bruxelas

Un grupo de representantes do Sector Pesqueiro Galego, estarán en Bruselas, visitando as institucións comunitarias.

O Europarlamentario do Partido Popular, Francisco Millán Mon, convidou a estas entidades representativas do sector pesqueiro galego a visitar o Parlamento Europeo, aproveitando que ten lugar unha Sesión da Comisión de Pesca. Esta visita será o luns 5 a partires das 14 horas.

Aproveitando a presenza en Bruselas, e coa inestimable axuda da Fundación Galicia Europa, visitaremos a DG MARE, onde nos recibirá o Director Xeral, Joao Aguiar Machado, o mesmo luns.

Do mesmo xeito, xiraremos unha visita ao porto de Zeebrugge na mañá do martes 6, para estar pola tarde na sede da Fundación Galicia Europa asistindo a un coloquio sobre a defensa dos intereses galegos ante as insititucións comunitarias.

Remataremos o mércores 7 de decembro cunha visita ao Comité das Rexiósn, onde nos recibirá Jesús Gamallo Aller, membro suplente do Comité das Rexións e Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.

Trátase dunha axenda apretada, pero moi interesante, xa que nos permitirá estar en Bruselas e exponer ante as autoridades comunitarias as necesidades do noso sector, precisamente antes de que teña lugar o Consello de TAC e cuotas.

Asistentes:
FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS

– FEDERACIÓN PROVINCIAL DE COFRADÍAS DE LUGO

– FEDERACIÓN PROVINCIAL DE COFRADÍAS DE A CORUÑA

– FEDERACIÓN PROVINCIAL DE COFRADÍAS DE PONTEVEDRA

– OPAGA

– OPP-07-LUGO

– ARMADORES DE BURELA S.A. (ABSA)

– PUERTO DE CELEIRO S.A.

– OPP-77

– PESCAGALICIA-ARPEGA-OBARCO

– ASOCIACIÓN DE ARMADORES DE RIBEIRA

– COOPERATIVA DE ARMADORES DE VIGO (ARVI)

– ORGANIZACIÓN DE PALANGREROS GUARDESES (ORPAGU)

– ESPADEROS GUARDESES

Exit mobile version