A Fundación EU SON organiza este VENRES 23 de decembro en horario de catro a seis da tarde, a “VII Xornada de Portas Abertas” dirixida ás familias dos usuarios/as do Centro Ocupacional e do Centro de Dia. Esta actividade, que se organiza anualmente por estas datas de Nadal, pretende ser unha xornada na que profesionais, usuarios e familias intercambien opinións, compartan experiencias sobre as novidades acaecidas ao longo deste ano na Entidade e participen de forma activa nas distintas actividades de ocio complementarias organizadas para esta xornada.
Así mesmo, aproveitase a ocasión para facer entrega do anuario “Eu Son Voz” elaborado por un grupo de traballo composto por usuarios/as da entidade. Este anuario recolle, dende o punto de vista dos usuarios/as, tódolos eventos, actividades e obxectivos que se realizaron e/ou alcanzaron ao longo deste ano.
A xornada remata cunha degustación de produtos típicos destas datas entre todos os asistentes.
Dende a Fundación Eu Son aproveitamos a ocasión para desexarlle un bo Nadal e un feliz aninovo a tódolos colaboradores que fan posible que esta Entidade sega medrando.