Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria para Xana Rodríguez nos Picos de Europa e Carme Alonso en Ferrol

carmalonsAs atletas laurentinas do Maderas Barcia Lourenzá e as ED Lourenzá, Xana Rodríguez e Carme Alonso vencían nas súas respectivas categorías das probas nas que participaban esta fin de semana.

Cun tempo de 1:41:23 percorría Xana Rodríguez os 11 quilómetros do Trail Suarías para vencer na categoría sub-23 e ser cuarta, ademais, da clasificación xeral.

Pola súa banda, Carme Alonso gañaba con autoridade a proba infantil do XXXI Memorial Adolfo Ros Volta á Ría en Neda (Ferrol) coincidindo coa media maratón da Volta á Ría en Ferrol.

Tamén participaba na proba a súa irmá Marta.

Exit mobile version