Os “pitufos” Unai Díaz, Lucas Cabarcos e Fernando Díaz participaron na proba non competitiva da súa categoría. Tamén David Díaz participaba en prebenxamín.
Xa categorías que entraban en competición:
– Triunfo de Henar Méndez e prata para Emma García en Benxamín Feminino.
– Triunfo de Carlos Docampo en Benxamín Masculino.
– Triunfo de Carmen García e prata para Aroa González en Alevín Feminino.
– Triunfo de Ian Méndez e prata para Aarón Millares en Alevín Masculino.
– Triunfo de Carme Alonso e prata para Marta Alonso en Infantil Feminino.
– Título para Alberto González en Cadete Masculino.
– Título para Pablo Irimia en Xuvenil Masculino.
Benéfica de Figueras Solidario de Nadal
Ata Figueras achegábanse algúns atletas do club laurentino para participar nunha proba con marcado acento solidario: neste caso recadar fondos para un centro oncolóxico infantil a través dunha carreira non competitiva.
Con todo, triunfos para Sara Samrawit Otero e Pedro Moirón nas categorías menores e gran actuación de Carlota Tsehay Menéndez.
Na proba intermedia participaron Valeria Álvarez, Iria Rodríguez, Iria Otero e Fer Vallines.
E xa na proba infantil, triunfos para Ainara Rodríguez en feminino e Aleix Díaz na categoría masculina, con segundo posto para Ana Vallines e bronce para Nicolás Álvarez.
Marcas para o galego cadete e xuvenil
Claudia Graña logra marca mínima para o Galego Cadete en 60 valados. Boas actuacións tamén de Ainara Rodríguez, Genito Pérez, Ainhoa López e Alba Alonso que se desprazaban unha vez máis ao II Trofeo Verxel de pista cuberta en Lugo.
Claudia Graña lograba mínima para o galego en 60 valados con 11,43 nunha proba na que tamén participaron Ainhoa López (12,18) e Alba Alonso(12,40).
Genito Pérez lograba ser o primeiro junior en salto de altura con 1,60 e quedaba a 10 cms. de marca mínima para o galego. Tamén facía 7,95 en 60 lisos.
Ainara Rodríguez, xa con marca mínima en 60 lisos, rebaixaba unha vez máis o seu mellor rexistro para deixalo en 8,45.
Benéfica de Cruz Roja en Sada
Iria e Ainara Rodríguez suman un novo título ó seu palmarés na II CARREIRA NOCTURNA DE SADA (Benéfica CRUZ ROJA) nas categorías alevín e cadete.