Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de portas abertas e festa acuática na piscina olímpica de San Cibrao o 3 de xaneiro

pres-xorn-iscinCervo, 16 de decembro de 2016. A piscina olímpica municipal de San Cibrao acollerá unha xornada de portas abertas e unha festa acuática infantil o día 3 de xaneiro de 2017, martes. Da organización encárgase o Concello de Cervo e foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto.

O edil de Deportes anunciou este venres que “o Concello de Cervo, un ano máis e como complemento as distintas e variadas actividades que durante estas datas se están a celebrar no noso municipio, realizará unha xornada de portas abertas na piscina olímpica de San Cibrao, con entrada gratuíta, para todos aqueles nenos e nenas que queiran gozar da festa acuática que terá lugar o vindeiro 3 de xaneiro entre as 17:00 e as 19:00 horas”.

Soto especificou que “están previstas distintas actividades acuáticas con inchables para que os máis pequenos poidan gozar dunha das moitas xornadas que ó longo destes días de vacacións escolares estanse a organizar dende o Concello de Cervo. Todas estas actividades estarán controlados polos monitores da piscina, aínda que todos aqueles nenos menores de sete anos deberán vir acompañados dun adulto, ó igual que todos os menores de 10 anos que non saiban nadar”.

O delegado municipal de Deportes rematou comentando que “dende o Concello, como non pode ser doutro xeito, séguese apostando forte polo deporte e o mantemento dos servizos públicos. O obxectivo do goberno local e do persoal da piscina é fomentar a natación a través do xogo e o entretemento e, ó mesmo tempo, dar a coñecer ós máis pequenos un xeito de formarse en actividades deportivas. As persoas interesadas en anotarse nas actividades poden achegarse á piscina municipal para obter máis información ou chamar ao número de teléfono 982.59.45.12. Con estas actividades preténdese que os nenos poidan rendibilizar máis, se cabe, as súas actividades acuáticas”.

Exit mobile version