Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de inmigración e cooperación de Burela organiza un cursiño para axudar a preparar o exame obrigatorio para a obtención da nacionalidade española

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela vai organizar un cursiño para axudar a preparar o exame obrigatorio para adquirir a nacionalidade española. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, segundo deu a coñecer esta mañá a edil Angélica Gómez.
A concelleira socialista explica que “a temática deste curso versa en torno a cinco grandes áreas: Goberno, lexislación e participación cidadá, organización territorial de España, xeografía física e política, cultura e historia de España e sociedade española”.
Angélica Gómez engade que “o cursiño ofertado terá unha duración de 50 horas e será impartido dende o 23 de xaneiro ata o 14 de febreiro en dependencias do Concello de Burela”.
As persoas interesadas en acudir poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982 58 60 00.

Exit mobile version